The news

FOL colabora co goberno autonómico para estudar a pequena pesca galega

ASINOUSE UN ACORDO ENTRE A ADMINISTRACIÓN PESQUEIRA GALEGA E FOL PARA REALIZAR CONXUNTAMENTE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS

15/03/2018 -

As pesqueiras a pequena escala en Galicia xestionanse a nivel rexional. Á Consellería do Mar (Xunta de Galicia) correspóndelle o marisqueo e outras prácticas de pesca artesanal, as actividades acuícolas e a transformación de produtos mariños. Como parte do seu traballo, recollen e analizan datos das diferentes pesqueiras de Galicia co obxectivo de garantir unha xestión sostible dos recursos. En Pesca de Galicia atópase información como os quilogramos vendidos, o número de licenzas e o valor das capturas. Como parte da Consellería do Mar, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a responsable da xestión e conservación dos recursos marisqueiros.

Como parte do seu doutoramento, Alba Aguión estuda as implicacións do cambio climático para os recursos bentónicos , tomando como caso de estudo a pesqueira de percebe en Galicia. Para comprender a situación actual da pesqueira e, así, construír o seu modelo bioeconómico, Alba precisa o esforzo e os datos espaciais cos que traballa a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Para colaborar e estudar o deseño óptimo da pesqueira a longo prazo, asinouse un acordo entre FOL e este organismo para compartir esta información. Dende FOL estamos moi contentos de anunciar o comezo desta colaboración e esperamos amplialo a outros recursos nun futuro próximo.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Alba Aguión, Clock, Collaborations, Elena Ojea, Future Oceans Lab, PhD, Projects, Research