The news

Alba vai a Casaquistán a falar de ciencia

FOL PARTICIPARÁ NO EVENTO SCIENCE STARS ESTE MES DE XUÑO PARA POPULARIZAR O ESTUDO DA CIENCIA NO PAÍS

08/05/2017 -

A estudante de doutoramento Alba Aguión, membro do Future Oceans Lab , foi convidada a participar no evento Science Stars en Casaquistán, un proxecto que ten como obxectivo popularizar o estudo da ciencia explicando conceptos científicos dun xeito entretido para o público en xeral.

Science Stars terá lugar na Universidade Nazarbayev de Astana o 27 de xuño, como parte da EXPO 2017 que se está a celebrar durante este verán no país. Durante o evento, Alba e outros 8 científicos de diferentes países amosarán as súas habilidades de comunicación científica e pronunciarán discursos relacionados con diferentes temas científicos. Dende aquí, queremos agradecer ao British Council en Casaquistán a súa invitación. Estamos ansiosos por fomentar a paixón pola ciencia no país.

Para ver máis novas, preme aquí
CATEGORÍAS: Outreach